O Quinteiro rescata a historai do seu “Cine Galicia”

Fermosa iniciativa a que propón a familia da AC O Quinteiro de Buño. A entidade arrinca un novo proxecto de recuperación da memoria histórica da vila oleira, buscando rescatar o Cine Galicia: “Unha retrospectiva á máquina dos soños” é o nome dun programa que comeza cunha recollida de imaxes e documentos sobre o que foi o epicentro do entretemento da comarca.

Así, este sábado 28 de marzo, de 11:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00h, invitan a toda a veciñanza de Buño e da comarca a pasar pola sala de vídeo do Ecomuseo Forno do Forte para dixitar todas as fotos, carteis, entradas, recortes de xornais ou calquera outro documento relacionado co que foi o cine, teatro e salón de baile de Buño, tanto no interior como nos exteriores.

Deixan claro que non se van quedar as fotos nin nada, só é para dixitalizalas, e que tamén buscan anécdotas ou historias.

Poden contactar tamén no 637 705 205.

Máis novas