domingo. 20.07.2025
El tiempo

Un proxecto, e unha tarde de memoria e xogos tradicionais co Quinteiro de Buño

Xogos tradicionais nas Torres do Allo
Un proxecto, e unha tarde de memoria e xogos tradicionais co Quinteiro de Buño

A Asociación de Veciños e Sociocultural O Quinteiro de Buño comeza un novo proxecto para recuperar e poñer en valor a memoria de Buño. E faino investigando sobre os xogos tradicionais e populares. A entidade quere recuperar todos aqueles xogos das anteriores xeracións, e reflexionar sobre como xogan os nenos dagora, deixando patente a necesidade da transmisión interxeracional dos xogos de sempre, para evitar que desaparezan.

Para iso, invitan a conversar a toda a parroquia este luns 21 de xullo ás 19:00 no Adro da Igrexa de Buño, para charlar canda un café e biscoitos.

Animan igualmente a todas aquelas persoas que desexen participar neste proxecto e non poidan acudir a esta xuntanza, a enviar a avscoquinteirobuno@gmail.com un vídeo horizontal compartindo as vosas opinións ao respecto.

Co material recompilado, elaborarán un vídeo que será o gardián dunha parte importante da memoria de Buño porque o xogo é unha actividade inherente ao ser humano, a principal na infancia e indispensable incluso na vida adulta. É o xogo, polo tanto, parte da historia e da cultura dun pobo; só de nós depende que non se perda.

Comentarios