Rescatan unha muller avanzada idade perdida no monte de Malpica

Nova desaparición dunha persoa maior. Os servizos de emerxencias rescataron este venres a unha muller de avanzada idade nunha zona de monte do municipio coruñés de Malpica. A familia denunciaba arredor das 21:30h que a muller desaparecía arredor das 16:00h, e a central de emerxencias informou os membros do GES de Ponteceso e aos efectivos de Protección Civil de Malpica de Bergantiños, Ponteceso, Laxe, Carballo, Coristanco e A Laracha, así como ao Concello de Malpica.

Sobre as 22,15 horas a central de emerxencias tivo constancia de que a muller fose atopada nunha zona de monte e, aínda que estaba consciente, estaba desorientada e necesitaba asistencia sanitaria.

Ao chegar a ela, os efectivos fixeron unha cadea humana co obxectivo de trasladala ata a ambulancia e poder evacuala ao centro hospitalario de referencia.