Este sábado chega o Quinteiro dos Libros, o roteiro literario polos fornos oleiros de Buño
17 de abril de 2026 (07:53 h.)
Levan toda a semana recollendo libros para o mercadillo desta fin de semana, e a resposta da veciñanza foi excelente. Porque a familia de O Quinteiro ten preparada unha fermosa tarde para este sábado en Buño. Chega seu roteiro literario “O Quinteiro dos Libros”. A partir das 16:00 h, contarán contos, gozarán coa actuación de Mere Clown coa verdadeira historia de "O Frautista de Hamelin" e rematarán cunha merenda literaria e un mercadillo dos libros. Todo esto recorrendo os fornos comunais históricos de olería.
Invitan de feito se queres ir contar un conto tradición oral ou de nova creación!