Últimos días para inscribirse no curso de volei praia de Malpica

Ainda que os deportes acuáticos son os principais protagonistas do verán de Malpica, o concello vén de abrir o prazo de inscrición para outras actividades que se desenvolverán nos vindeiros meses. A primeira delas, un curso de volei praia, terá lugar a vindeira semana; entre o 4 e o 6 de xullo. Os interesados en participar neste curso, que está dirixida as nenos e nenas entre 6 e 16 anos de ideade, deberán de inscribirse antes do día 30 de xuño no departamento de deportes do concello de Malpica ou no número de teléfono 981720001. A cota é de 15€ e a actividade realizarase de 11 a 13 horas na praia da vila. Máis actividades Do 4 ao 31 de agosto terá lugar o campamento urbano infantil que se dividirá en dúas tandadas; unha para idades comprendidas entre os 3 e os 4 anos e outra para os de 5 a 8 anos. Esta actividade, que se realizará en horario de mañá, terá lugar no centro cívico de Malpica e ten un custe mensual de 16,29€ por participante. Por outra parte, o vindeiro 7 de xullo - xoves - realizarase unha excursión ao Aquapark de Cerceda. Esta actividade, da que hai 40 prazas dispoñibles, está dirixida aos nacidos e nacidas entre o 1999 eo 2007 que saiban nadar. O custe é de 12 € Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Malpica