Un verán de vertixe cultural para a familia do Quinteiro
Ten un completo programa para este verán a familia do Quinteiro de Buño. Xullo e agosto veñen cargados de actividades culturais de primeiro nivel.
Así, esta fin de semana, este venres 3 de xullo haberá xornada de música tradicional, con Icía Varela & Haruna Chatani & Yonisi. A cita será de de balde, haberá servizo de bar e polo á grella.
As citas continúan o sábado 11 de xullo, cunha Festa Ochenteira e exposición de coches clásicos, amenizada polo Grupo Retotrool e Dj. Grobas. Haberá servizo de bar e hamburguesas.
O sábado 18 de xullo hai un faladoiro sobre xoguetes e enredos tradicionais. Será ca presentación do proxecto, e do libro "Patrimonio Lúdico Galego: investigación, recursos e divulgación dos xogos tradicionais" do Observatorio de Patrimonio Lúdico Galego e Apolinar Varela. Ecomuseo Forno do Forte de 11:30 a 13:30 h.
Xa o 7 de agosto chega o prato forte, ca II edición do Festival Folk de Buño, aínda por determinar o cartel. Tamén estamos á espera das festas da Filomena, para os 8 e 9 de agosto. E o 12, para pasar a tardiña co eclipse, traen ao grupo de zanfoñas e música electrónica “Maqúina de meter medo”.