Zoquiñas Vermellas, cales “Zapatos Rojos”, polo 8M

Nova acción singular arredor do Día da Muller dende Malpica. Ademais dos obradoiros de olería para mulleres, o Concello abre a proposta “Zoquiñas Vermellas”, que pretende emular iniciativa dos Zapatos Rojos de Elina Chauvet. A obra da artista mexicana naceu con 33 pares de calzado vermello, da cor do sangue pero tamén do corazón, que expresa esperanza.

Unha proposta que abre o debate e a reflexión social acerca da violencia contra as mulleres e a xustiza. Expúxose así en cidades de México, Italia, Arxentina, Chile, Ecuador, España e Reino Unido. Replicarase así a obra de Elina Chauvet, quen di que ‘namentres a violencia contra as mulleres non sexa un tema urxente nos espazos lexislativos, Zapatos Rojos continuará indefinidamente, xa que é un símbolo de reflexión’.

A idea é combinar a olaría, un dos símbolos de identidade de Buño, cun símbolo de reivindicación a nivel internacional, como o é a obra de Chauvet. Así, un dos elementos vertebradores da sociedade malpicá servirá de ‘berro contra a violencia machista’.

Novas do 8M