Domingo. 23.02.2020
El tiempo

O 8M malpicán empeza en clave de olería

O 8M malpicán empeza en clave de olería

Xa o ano pasado escoitáronse ecos oleiros no marco do 8M de Malpica. Este 2020 continúa esta fusión de conceptos cunha serie de obradoiros de olería que serven para arrincar a conta atrás para a celebración do Día Internacional da Muller. Unha celebración que os colectivos feministas da comarca están organizando conxunta e abertamente.

O alcalde de Malpica, Walter Pardo, quere destacar que “a igualdade é un piar básico da sociedade, e impulsamos actividades con esta lectura. É fundamental traballar neste senso para concienciar á xente”, sinala Pardo.
Pola súa parte, a concelleira de Igualdade e Olaría, Leticia Varela, quere destacar que “o símbolo vehicular da mesma é a olaría, e todas sabemos o importante que é para nós. Quero agradecer a todas as persoas da olaría que participaron de xeito desinteresado nestes obradoiros, así como á asociación Visibles, que xa teñen colaborado connosco nalgún proxecto”.

Como inscribirse

Os cursos celebraranse os sábados 8 e 15 de febreiro a partir das 16:00 horas na Casa do Oleiro.
Para as persoas interesadas en participar, poden poñerse en contacto a través das redes sociais do Concello de Malpica, nos enderezos electrónicos [email protected] e [email protected] ou no teléfono de Cultura, o 981 707 104.

Novas relacionadas

comentarios