A Feira Náutica de Camariñas protagoniza un gran crecemento na súa segunda edición

Imaxe da Feira Náutica de Camariñas Pasaron tres días de vertixe náutica en Camariñas. A II Feira Náutica (FENAUCAM), organizada polo Club Náutico da vila do Encaixe, deu un gran paso, afianzando a súa presencia como gran foco de atracción á Costa da Morte de centos de persoas relacionadas co mundo do mar. Unha cita que serve de inmellorable promoción da Costa da Morte e mesmo de Galicia como destino náutico e portuario. Así o confirma algún ilustre asistente como o noso colaborador José Manuel Ojén, que sinala que "a día de hoxe, esta feira non é só un referente na Costa dá Morte si non que xa o é a nivel de Galicia e as súas posibilidades de expansión son ilimitadas si recibe a axuda correspondente". O Club organizador fai unha lectura "moi positiva, tanto en número de visitantes, superando os 3.500, e tendo en conta que o sábado foi un día atípico pola asfixiante calor existente". José María Olveira destaca que "son datos moi ilusionantes para as próximas edicións", despois de duplicar a súa presencia de expositores Unha das boas novas cos que rematou a feira é todas as empresas participantes aseguraron á organización que repiten o ano que vén, e no caso dos asteleiros con máis embarcacións, como é o caso da empresa francesa Brig Mad tamén se comprometeu á estar na terceira edición e coa posibilidade de atopar máis empresas francesas que a acompañen. É importante facer notar que tanto das empresas participantes como das entidades colaboradoras nesta II Feira Náutica, destacaron a gran calidade do evento, tanto no seu deseño da estructura das seccións no interior da carpa como na súa programación e os contidos das exposicións. Tamén as entidades e organismos públicos se sorprenderon gratamente do cuidado e esmero co que está organizada esta Feira. Por elo, a organización ten claro que a superficie que acolla a 3ª edición será moi superior a deste ano e ademais con importantes novidades en canto a actividades de todo tipo. Unha Fenaucam 2019 que será seguramente os días 14, 15 e 16 de xuño, e onde terá gran relevancia a participación dos colexios da Costa da Morte. Entre as novidades que se descubriron, unha das destacadas é coñecer que o Club Náutico de Camariñas será a primeira embaixada da Fundación Titánic. Entre as presenzas máis destacadas, algúns asistentes apuntan á  da Armada Española, o Concello de Laxe co seu Naufraxio, a Real Liga Naval Española, produtos de alimentación da terra e outros moitos. Houbo ademais  espazos para embarcacións, motonáutica, equipaciones e accesorios, astilleros, desguaces e talleres, turismo náutico, buceo, pesca recreativa, seguridade marítima, electrónica mariña e roupa náutica, entre outros. E as conferencias realizadas son dun elevadisimo nivel e gozan da atención e interese dos asistentes. Destaca foi a presencia de escritores da talla de Rafael Lema, Juan Campos Calvo Sotelo, Xosé Iglesias, Natalia Lema... ou persoeiros do mundo do mar como Pepe de Oleghario que tampouco fallaron á cita mariñeira.
Escritores e homes de mar como Pepe de Oleghario estiveron na cita náutica

Mesa redonda da CMAT

Mesa Redonda da CMAT na Feunacam
Tamén tivo lugar unha a mesa redonda por parte da CMAT na que se debatiron os plans de desenrolo do xeodestino para os vindeiros meses e se adiantou por parte da secretaria técnica os distintos plans formativos para os vindeiros meses. Nesta mesa estiveron presentes distintos axentes, entre eles: o presidente da CMAT, Juan José Blanco, Pablo Canosa, presidente de APTCM, Manuela Oviedo, xerente do GALP Costa Sostible, José Antonio Vila, Xosé Olveira, secretario do Clube Naútico de Camariñas, o xerente do GDR Costa da Morte e o seu análogo no GALP Guillermo Guillermo González; todos eles moderados por Eugenia Juncal, secretaria técnica da CMAT. Os representantes de Buceo Fisterra e Buceo Malpica presentaron a súa oferta turística que lles da presencia dentro do programa de Turismo mergullo que oferta Turismo de Galicia: WAOH! Route e que atraerá un mercado en crecemento, especialmente no campo internacional que conta co apoio financieiro da Unión Europea.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-cn-de-camarinas-valora-o-exito-da-i-feira-nautica-e-xa-ten-data-para-a-cita-2018/