A Garda Civil intervén 257 kilos de marisco ilegal na bisbarra

Comiso de marisco na Costa da Morte Con motivo da campaña de prevención do furtivismo na época do nadal e durante os controis realizados pola Garda Civil nos últimos días destinados a tal fin, a PAPRONA de Corcubión procedia á aprehensión de 257,2 kilos de marisco extraído ou transportado de maneira ilegal. Os decomisos producíronse na zona de Camariñas, Corcubión, Praia do Ézaro e Carnota. A aprehensión da totalidade do marisco realizouse de duas formas. Por unha banda, no transcurso de varios servizos que consistiron na vixiancia do litoral, onde se puido detectar, segundo o instituto armado, a extracción ilegal de 34 kilos de ourizos, 51 kilos de berberechos e 1,2 kilos de angula mariscados por persoas carentes da correspondiente titulación expedida pola Xunta de Galicia para realizar este tipo de actividades. Por outro lado, controis na estrada, onde se comprobou e posteriormente se procedeu á aprehensión do transporte irregular de 111 kilos de centola, 43 kilos de nécora, e 17 kilos de santiaguiño que carecían da correspondente documentación para o seu transporte.

A ría de de Muros e Noia tamén foi escenario de distintos operativos nos que se comisaron arredor de 147 quilos de peixe e marisco, 15 útiles e 5.000 metros de artes de enmalle. Un deles, na enseada de Abelleira (en Muros), saldouse coa incautación de 20 quilos de centola e 2.000 metros de artes de enmalle, debido a que todo estaba sen identificar.

A Garda Civil temen recorda que durante o trascurso das festas navideñas seguirá activa a campaña e os controis encamiñados a detectar o tránsito e extración ilegal de marisco.