A I feira naútica de Camariñas repasa a historia do Titanic

Esta fin de semana chega a Camariñas a I Feira Naútica onde ademais de distintos postos haberá espazo para as conferencias. Precisamente mañá, ás 19 horas, o xornalista cormelán Jesús Ferreiro - presidente da Fundación Titanic - ofrecerá unha conferencia sobre historias que aconteceron a bordo do Titanic nos seus catro únicos días de vida. Estas historias, que Jesús Ferreiro coñeceu a través dalgúns dos superviventes da traxedia, estarán acompañadas de imaxes algunha delas inéditas. Ademais, a Fundación Titanic sorteará entre todos os asistentes á conferencia un rocordo do barco. Cabe recordar que o único cargamento español que levaba o Titanic nas súas bodegas era un embalaxe de encaixes de Camariñas destinado a un comerciante de Nova Iork. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Clube Naútico de Camariñas