Afunde unha embarcación no porto de Corcubión

En menos dunha semana tres embarcacións tiveron serios problemas en aguas da Costa da Morte. A última delas afundiuse esta tarde no porto de Corcubión. Según informan dende o 112, a embarcación - duns seis metros de eslora - foi a pique despois de soltarse do seu amarre e bater contra o paseo marítimo da praia de Santa Isabel. No momento no que se produciron os feitos non había ninguén no interior do barco. Os servizos de emerxencias recibiron o aviso dos efectivos de Protección Civil da localidade ás 14:45 horas de hoxe. Salvamento Marítimo decidiu mobilizar ata a zona a embarcación Don Inda. Así e todo, o pesqueiro acabou afundindo por completo. Rescate en Laxe  
O Don Inda remolcou a embarcación ata o porto de Laxe Tamén onte o equipo de rescata de Salvamar Altair tivo que asistir ao pesqueiro Gonçalves Zarco que quedou sen máquina e derivando cara terra. Os equipos de rescate remolcar a embarcación a Laxe.
O pesqueiro Gonçalves Zarco quedou onte sen máquina nas costas de Laxe Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • 112
  • Imaxes: Salvamento Marítimo