Afunde unha embarcación no porto de Corcubión
21:33 15/12/16
En menos dunha semana tres embarcacións tiveron serios problemas en aguas da Costa da Morte. A última delas afundiuse esta tarde no porto de Corcubión. Según informan dende o 112, a embarcación - duns seis metros de eslora - foi a pique despois de soltarse do seu amarre e bater contra o paseo marítimo da praia de Santa Isabel.
No momento no que se produciron os feitos non había ninguén no interior do barco. Os servizos de emerxencias recibiron o aviso dos efectivos de Protección Civil da localidade ás 14:45 horas de hoxe. Salvamento Marítimo decidiu mobilizar ata a zona a embarcación Don Inda. Así e todo, o pesqueiro acabou afundindo por completo.
Rescate en Laxe
O Don Inda remolcou a embarcación ata o porto de Laxe
Tamén onte o equipo de rescata de Salvamar Altair tivo que asistir ao pesqueiro Gonçalves Zarco que quedou sen máquina e derivando cara terra. Os equipos de rescate remolcar a embarcación a Laxe.
O pesqueiro Gonçalves Zarco quedou onte sen máquina nas costas de Laxe
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- 112
- Imaxes: Salvamento Marítimo