Afundiu un barco pesqueiro en Muxía, sen tripulantes pero con 1.500 litros de gasoil
Pasadas as 22:00h da noite do pasado luns, un barco pesqueio afundía a apenas 15 metros do peirado de Muxía. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, no momento do naufraxio ningunha persoa se atopaba no interior da embarcación, pero o barco tiña unha carga de combustible de 1.500 litros.
Foi un particular o que alertou do afundimento do René II, barco local, ao 112, que mobilizou a a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, á Garda Civil, a Portos de Galicia e a Protección Civil. Os traballos de reflote do barco realízanse durante esta mañá de martes.
Ao longo día instaláronse unha serie de mantas absorventes para manter as verteduras controladas. Ademais, a última hora da tarde chegou a Muxía unha empresa de Ribeira, que será a encargada das labores de reflote do barco, que comenzaran este mércores a primeira hora.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).