Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Afundiu un barco pesqueiro en Muxía, sen tripulantes pero con 1.500 litros de gasoil

Afundiu un barco pesqueiro en Muxía, sen tripulantes pero con 1.500 litros de gasoil
Barco afundido en Muxia-Foto-Agrupacion Voluntarios Porteccion Civil Muxia Traballando para recuperar o barco afundido no peirao de Muxía-Foto-Agrupación Voluntarios Protección Civil Muxia

Pasadas as 22:00h da noite do pasado luns, un barco pesqueio afundía a apenas 15 metros do peirado de Muxía. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, no momento do naufraxio ningunha persoa se atopaba no interior da embarcación, pero o barco tiña unha carga de combustible de 1.500 litros.

Foi un particular o que alertou do afundimento do René II, barco local, ao 112, que mobilizou a a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, á Garda Civil, a Portos de Galicia e a Protección Civil. Os traballos de reflote do barco realízanse durante esta mañá de martes.

Ao longo día instaláronse unha serie de mantas absorventes para manter as verteduras controladas. Ademais, a última hora da tarde chegou a Muxía unha empresa de Ribeira, que será a encargada das labores de reflote do barco, que comenzaran este mércores a primeira hora.

Fonte

Comentarios