Denuncian vertidos continuos de fecais ao Esteiro do Anllóns

Embaixo da villa do remate do paseo marítimo, entre a praia de Urixxeira e a praia do Curro, atópase un dos puntos de vertido de augas fecais Varios puntos de vertido continuado vén de descubrir a Asociación Petón do Lobo no Esteiro do Anllóns. A entidade corroborou con imaxes e coa recollida de probas, a vertedura de augas fecais en varios puntos do núcleo de Neaño, no Concello de Cabana, en pleno pleno paseo marítimo do litoral cabanés. Unhas verteduras que afectan directamente á enseada da Ínsua, un espazo natural protexido único e ao esteiro do Anllóns, un lugar moi produtivo en canto ao marisqueo, e con gran biodiversidade e valor paisaxístico.
Ademais o espazo está catalogado como Zona de especial protección para as aves (ZEPA) e forma parte do LIC Costa da Morte, da Rede Natura 2000 Europea.

"Unha tubaxe duns 30 cm de diámetro disposta ao longo da cuneta dunha pista, que conduce á primeira liña do litoral, e xusto á beira do paseo marítimo cabanés, dirixe os residuos fecais de boa parte da poboación cabanesa directamente á Rede Natura e aos bancos marisqueiros da ría de Corme –Laxe. Alí oculta entre os xuncais, á fin da tubaxe amosa os residuos fecais; entre eles, os máis consistentes, son obxecto de disputa das gaivotas que frecuentan o espazo atraídas polo depósito contaminante", explica a asociación.

Un dos puntos de vertidos fecais na enseada da Insua

A eterna problemática coas depuradoars

Que pasa cas depuradoras neste país. Xa vimos casos flagrantes como o absoluto abandono das pioneiras depuradoras de Coristanco, o problema de saneamento do Pindo, a inútil depuradora do lugar de Lires... Desta volta a asociación sinala que en Cabana hai outra grave probelmática con elas. Indica que só funcionan as de Regengo e Lodeiro, mentres que a de Corcoesto, instalada en 2012, nunca chegou a funcionar e está abandonada; a de Nantón non funcionou durante o verán e ata o Seprona tivo que acodir ao lugar; e ademais sería necesaria unha "decantadora preto da praia da Urixeira, para sanear o resto das augas fecais do núcleo de Neaño, que ou ben aínda non existe ou non funciona ou non abrangue todo o núcleo".

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/os-actores-involucrados-debatiron-sobre-o-saneamento-e-contaminacion-organica-do-mar-ante-unha-gran-expectacion/