Denuncian vertidos continuos de fecais ao Esteiro do Anllóns


Ademais o espazo está catalogado como Zona de especial protección para as aves (ZEPA) e forma parte do LIC Costa da Morte, da Rede Natura 2000 Europea.
"Unha tubaxe duns 30 cm de diámetro disposta ao longo da cuneta dunha pista, que conduce á primeira liña do litoral, e xusto á beira do paseo marítimo cabanés, dirixe os residuos fecais de boa parte da poboación cabanesa directamente á Rede Natura e aos bancos marisqueiros da ría de Corme –Laxe. Alí oculta entre os xuncais, á fin da tubaxe amosa os residuos fecais; entre eles, os máis consistentes, son obxecto de disputa das gaivotas que frecuentan o espazo atraídas polo depósito contaminante", explica a asociación.

A eterna problemática coas depuradoars
Que pasa cas depuradoras neste país. Xa vimos casos flagrantes como o absoluto abandono das pioneiras depuradoras de Coristanco, o problema de saneamento do Pindo, a inútil depuradora do lugar de Lires... Desta volta a asociación sinala que en Cabana hai outra grave probelmática con elas. Indica que só funcionan as de Regengo e Lodeiro, mentres que a de Corcoesto, instalada en 2012, nunca chegou a funcionar e está abandonada; a de Nantón non funcionou durante o verán e ata o Seprona tivo que acodir ao lugar; e ademais sería necesaria unha "decantadora preto da praia da Urixeira, para sanear o resto das augas fecais do núcleo de Neaño, que ou ben aínda non existe ou non funciona ou non abrangue todo o núcleo".