Recollen máis de 300 quilos de refugallos plásticos da praia de Baldaio

Durante a xornada de Voluntariado Ambiental recolleronse mais de 300 quilos de refugallos plásticos Un total de 78 voluntarios e voluntarias - entre os que había 12 nenos - participaron o pasado domingo nas xornadas de Voluntariado Ambiental organizadas por Mar de Fábula coa colaboración da Fundación Biodiversidad e da empresa Decathlon. Axudados pola climatoloxía e baixo as instruccións de seis monitores da asociación ambiental, os participantes recolleron máis de 300 quilos de refugallos plásticos de pequeno tamaño que as mareas e os visitantes arrastraron ata a praia de Baldaio, en Carballo.
O bo tempo facilitou os traballos de limpeza que levaron a cabo na praia de Baldaio 1.035 bastonciños de algodón, 73 aplicadores de tampóns, 81 paos das bateas, 42 etiquetas de acuicultura e pesca, e 1.679 tapóns, botellas e outros envases foi o inventario de refugallos recollidos polos voluntarios e voluntarias nun periodo de dúas horas (de 11:30 a 13:30 horas) e tan só ao longo da liña das mareas vivas.
Os monitores de Mar de Fabula dixiron os traballos de limpeza "A elevada participación permitiu poñer en xogo o plan diseñado en función das inspeccións previas feitas no terreo: levar adiante un traballo de limpeza diferente a todos os previamente realizados", indican dende Mar de Fábula. Deste xeito focalizouse a atención nos plásticos máis pequenos e nos microplásticos que rematan en moitas ocasións no corpo dos peixes provocándolle a súa morte.  
78 voluntarios e voluntarias participaron nas xornadas de voluntariado ambiental E tras o traballo de recollida, os voluntarios e voluntarias aproveitaron a ocasión para facer un picnic no que compartiron reflexións sobre os hábitos que fan que vaian a parar a un areal alonxado da poboación, como o está o de Carballo, quilos de residuos procedentes da hixiene persoal (bastonciños de algodón, aplicadores dos tampóns...). Novas relacionadas Fonte 
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Mar de Fábula