xoves. 01.05.2025
El tiempo

Recollen máis de 300 quilos de refugallos plásticos da praia de Baldaio

Recollen máis de 300 quilos de refugallos plásticos da praia de Baldaio
Durante a xornada de voluntariado ambiental recolleronse mais de 300 quilos de refugallos plasticos Durante a xornada de Voluntariado Ambiental recolleronse mais de 300 quilos de refugallos plásticos Un total de 78 voluntarios e voluntarias - entre os que había 12 nenos - participaron o pasado domingo nas xornadas de Voluntariado Ambiental organizadas por Mar de Fábula coa colaboración da Fundación Biodiversidad e da empresa Decathlon. Axudados pola climatoloxía e baixo as instruccións de seis monitores da asociación ambiental, os participantes recolleron máis de 300 quilos de refugallos plásticos de pequeno tamaño que as mareas e os visitantes arrastraron ata a praia de Baldaio, en Carballo. O bo tempo facilitou os traballos de limpeza que levaron a cabo na praia de Baldaio O bo tempo facilitou os traballos de limpeza que levaron a cabo na praia de Baldaio 1.035 bastonciños de algodón, 73 aplicadores de tampóns, 81 paos das bateas, 42 etiquetas de acuicultura e pesca, e 1.679 tapóns, botellas e outros envases foi o inventario de refugallos recollidos polos voluntarios e voluntarias nun periodo de dúas horas (de 11:30 a 13:30 horas) e tan só ao longo da liña das mareas vivas. Os monitores de Mar de Fabula dixiron os traballos de limpeza Os monitores de Mar de Fabula dixiron os traballos de limpeza "A elevada participación permitiu poñer en xogo o plan diseñado en función das inspeccións previas feitas no terreo: levar adiante un traballo de limpeza diferente a todos os previamente realizados", indican dende Mar de Fábula. Deste xeito focalizouse a atención nos plásticos máis pequenos e nos microplásticos que rematan en moitas ocasións no corpo dos peixes provocándolle a súa morte.   78 voluntarios e voluntarias participaron nas xornadas de voluntariado ambiental 78 voluntarios e voluntarias participaron nas xornadas de voluntariado ambiental E tras o traballo de recollida, os voluntarios e voluntarias aproveitaron a ocasión para facer un picnic no que compartiron reflexións sobre os hábitos que fan que vaian a parar a un areal alonxado da poboación, como o está o de Carballo, quilos de residuos procedentes da hixiene persoal (bastonciños de algodón, aplicadores dos tampóns...). Novas relacionadas Fonte 
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Mar de Fábula

Comentarios