Reflotado o barco afundido no peirao de Muxía

Reflotando o barco afundido no peirao de Muxía-Foto-Protc. Civil Muxía Esta mañá leváronse a cabo os traballos de reflotación do barco afundido a pasada noite de luns no porto de Muxía, o barco pesqueiro local René II. A empresa Marco Xove encargada de facer o traballos realizou, coa axuda de Protección Civil, a acción de reflotar, mantendo ben vixiadas as mantas absorventes para manter as verteduras de gasoil controladas, unha vez que o barco afundía con 1.500 litros de gasoil no seu interior. Xa chegou ademais a Muxía o guindastre para izar e comzar as tarefas de achicamento, nas que tamén colaborará a agrupación de Protección Civil coa súa bomba, para proceder ao arranxo do casco.
Reflotando o barco-Foto Prot Civil
Guindastre izando o barco-Foto-Protc. Civil Muxía
Barco reflotado-Foto-Prot. civil

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).