![Reflotando o barco de Muxia-Foto-Protc. Civil Muxia]()
Reflotando o barco afundido no peirao de Muxía-Foto-Protc. Civil Muxía
Esta mañá leváronse a cabo os traballos de reflotación do
barco afundido a pasada noite de luns no porto de Muxía, o barco pesqueiro local René II. A empresa Marco Xove encargada de facer o traballos realizou, coa axuda de Protección Civil, a acción de reflotar, mantendo ben vixiadas as mantas absorventes para manter as verteduras de gasoil controladas, unha vez que o barco afundía con 1.500 litros de gasoil no seu interior.
Xa chegou ademais a Muxía o guindastre para izar e comzar as tarefas de achicamento, nas que tamén colaborará a agrupación de Protección Civil coa súa bomba, para proceder ao arranxo do casco.
![Reflotando o barco muxia-Foto Prot Civil]()
Reflotando o barco-Foto Prot Civil
![Guindastre no peirado de Muxia]()
Guindastre izando o barco-Foto-Protc. Civil Muxía
![]()
Barco reflotado-Foto-Prot. civil
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).