Stolt Sea Farm estrea, en Conxemar, unha nova marca de conxelado

Presentación de Stolt Sea Farm en Conxemar

A multinacional piscícola, arraigada na Costa da Morte, Stolt Sea Farm, vén de presentar na gran feira Conxemar, un novo produto. “King Turbot” é a primeira marca de conxelados para o seu rodaballo criado en granxas bañadas pola augas do Atlántico.

A presentación tivo unha gran expectación e contou coa presencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, a Conselleira Rosa Quintana, ou o alcalde de Vigo, Abel Caballero. A Conxemar está batendo marcas, con 710 expositores, máis de 30.000 visitantes de máis de 100 países, e xerando un valor estimado de negocio de 2.000 millóns de euros. O propio Feijoo lembraba que as empresas galegas supoñen máis do 35% do tecido empresarial que traballa neste sector en toda España; e o seu volume de facturación ascende a preto de 6.500 millóns de euros, case un 50% do valor económico total do sector.

Stand de Stolt Sea Farm co lanzamento da nova marca King Turbot no Conxemar

A compañía noureguesa é o máximo exponente mundial en rodaballo de cultivo, comercializando anualmente 7500 toneladas. Ademais, cativa en torno a 850 toneladas anuais de lenguado e é un dos principais actores do cultivo de Esturión branco, para a produción e comercialización de Caviar, do que elabora 10 toneladas anuais.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/unha-nova-limpeza-libera-de-plasticos-a-reserva-os-minarzos/