Luns. 16.09.2024
El tiempo

A loita das redeiras de Corme

A loita das redeiras de Corme

Isabel e Ana son dúas das 14 redeiras que forman a Asociación de Redeiras Illas da Estrela de Corme. Estas autónomas do réxime especial do mar son unhas auténticas loitadoras que realizan unha desas labores silenciosas, pero necesarias, imprescindibles, esenciais que se diría en tempos de pandemia, para o sector da pesca.

Ana é a máis nova, con 34 anos, e o resto está entre os 40 e os 60, algunhas xa pensando na xubilación. Unha xubilación que dende o pasado 2022 xa pode realizarse aos 62 anos, tras unha longa batalla coas administracións (dedne 2004), nas que as profesionais cormelás, como as veciñas de Malpica, tiveron moito que dicir, chegando mesmoao Parlamento Europeo coas súas peticións.

Porque durante décadas as administracións non quixeron escoitar o duro que é o traballodestas mulleres, traballando nas súas pequenas e insabulubres casetas portuarias ou directamente sobre o cemento do peirao, encorvadas, baixo as inclemencias metereolóxicas, chegando a cargar pesos de ata 50 quilos para poder traballar.

E iso que falamos dun traballo de alta cualificación, para o que é necesario unha formación intensa e dedicada, como se viña facendo de xeración en xeración. Certo que a día de hoxe falamos dun oficio envellecido, onde a falta de relevo xeracional (véxase o caso muradán) é unha das grandes preocupacións.

Outro día contaremos como algunhas destas profesionais diversifican a súa actividade a través da artesanía e da reciclaxe, para dar outra alternativa aquelas persoas que queiran sumarse a esta histórica profesión.

Comentarios