Un aseo, unha necesidade básica cuberta para as redeiras de Malpica

Novo aseo instalado nas casetas das Redeiras do Fieital de Malpica

Un simple aseo, con wc, lavabo e vestiario. Hai necesidades básicas que as veces se nos escapan. Esta era unha necesidade que tiñan dende hai tempo as redeiras do Fieital de Malpica. E apenas un mes despois de solicitala formalmente, Portos de Galicia fixo caso das súas demandas e veñen de instalar este aseo nas casetas nas que traballan todo o día. Un paso para mellorar as condicións de traballo das redeiras do concello malpicán.

Ademais a Consellería do Mar a través de Portos de Galicia realizou recentemente outras obras. Entre elas a instalación de novas defensas e escaleiras no peirao de combustible, cun investimento de 3.600 euros e que dá resposta a unha demanda do sector na zona.

Tamén vén de executar a pavimentación do firme portuario, por importe de 5.100 euros e diversas reparacións eléctricas que supuxeron unha achega de máis de 3.000 euros. Así, nas últimas semanas o ente público investiu máis de 15.000 euros e melloras no peirao malpicán.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).