A Ambulancia non marchará da Picota

Así o asegura a Xunta estes días que afirma que a base que a ambulancia da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ten no lugar de A Picota, no Concello coruñés de Mazaricos, non cambiará de ubicación. Tanto o delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, como o alcade mazaricán consideran que a continuidade do servizo "é indispensable para unha correcta asistencia sanitaria na comarca”. A Xunta quere así saír ao paso dos rumores sen fundamento que nos últimos días apuntaban á supresión da base en Mazaricos; unha posibilidade que o 061 nunca chegou a formularse. A base leva dende o 2000 na Picota. Trátase dunha ambulancia dispoñible as 24 horas do día, que en permanente comunicación coa Central de Coordinación do 061, conta cunha dotación de dous técnicos en transporte sanitario, capacitados para realizar manobras de soporte vital básico e con formación no manexo de desfibriladores semiautomáticos, así como están preparados para ser medicalizadas en calquera momento polo persoal de atención primaria, engadindo todo aquel material de electromedicina que se precise. Ademais, Urxencias Sanitarias conta co helicóptero medicalizado de Santiago.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Xunta.