Venres. 19.04.2024
El tiempo

Varios accidentes nas estradas da bisbarra

Varios accidentes nas estradas da bisbarra
As estradas están perigosas estes días. A friaxe fai que en moitos puntos do interior da bisbarra as estradas estan conxeladas pola sairaba e ata por mor da neve, como vemos na foto sacada onte pola noitiña en Dumbría . E xa temos as primeiras consecuencias. Un camioneiro resultou ferido tras surir un accidente no Pino do Val, Mazaricos, esta mañá de xoves 2 de decembro arredor das 9:30h. Unha ambulancia do 061 xa levou o ferido ata o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

Máis accidentes

En Coristanco, unha persoa saíase da estrada e tiña que ser ingresada no Complexo Hospitalario da Coruña con dor cervical. E en Vilaseco, Vimianzo, outra saída de vía acabou cunha muller no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Precaución, xa que dende Meteogalicia apuntan que pode nevar a partir dos 200m e as placas de xeo a nivel do mar.

Novas relacionadas

Novas do último temporal

Máis novas

Últimos acontecimentos metereolóxicos adversos

Fonte

Comentarios