A bitácora da semana (CXII): O blog do CPI da Picota

Visitamos hoxe o concello de Mazaricos. E ollamos moito máis que un blog, porque a web do CPI A Picota é completísima. Destacamos o seu blog que fai un repaso de novas da prensa galega e fala de cousas da casa coma do piragüismo no Xallas. Destacamos unha fantástica proposta como é a sección da web O que queremos conservar, onde os alumnos van subindo imaxes de cnstrucións patrimoniais que se van perdendo no concello mazaricán. Enviamos así os nosos meirandes parabéns para o centro escolar da Picota, que malia sufrir as consecuencias dunha mala conexión, está na vangarda da creación de contidos.

Bitácoras anteriores

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).