A Picota farda de cabalos…

Exposición de coches deportivos en Mazaricos

De cabalos, pero de cabalos de coches. Desta volta, os cuadrúpedos deixaron paso aos coches deportivos, e a capital de Mazaricos acollía unha espectacular exposición de coches deportivos. Porsche, McLaren, Chevrolet, Ferrari, Jaguar, Lamborghini ou Bentley foron algunhas das marcas que aparcaron na feira da Picota para achegarnos o mundo do motor.

Os 40 vehículos estiveron na zona da feira durante o mediodía, para o deleite de afeccionados ao mundo do motor de toda a bisbarra. Despois de comer en Casa Jurjo, fixeron a caravana fixo un percorrido polos lugares máis fermosos da contorna.

Abre o ximnasio

Despois de numerosas novidades, o ximnasio municipal abrirá as súas portas o 18 de marzo cunha inauguración que durará de 16.30 a 18.00 no propio ximnasio e que incluirá exhibicións das actividades que se van realizar.
Nas instalacións poderase realizar BodyJump, Pilates, Spinning, Cardio-Dance ou CrossTrainning.

Fonte

  • Concello de Mazaricos.