Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Picota farda de cabalos…

A Picota farda de cabalos…
Exposicion de coches deportivos en Mazaricos Exposición de coches deportivos en Mazaricos

De cabalos, pero de cabalos de coches. Desta volta, os cuadrúpedos deixaron paso aos coches deportivos, e a capital de Mazaricos acollía unha espectacular exposición de coches deportivos. Porsche, McLaren, Chevrolet, Ferrari, Jaguar, Lamborghini ou Bentley foron algunhas das marcas que aparcaron na feira da Picota para achegarnos o mundo do motor.

Os 40 vehículos estiveron na zona da feira durante o mediodía, para o deleite de afeccionados ao mundo do motor de toda a bisbarra. Despois de comer en Casa Jurjo, fixeron a caravana fixo un percorrido polos lugares máis fermosos da contorna.

Exposicion de coches deportivos en Mazaricos 2

Abre o ximnasio

Despois de numerosas novidades, o ximnasio municipal abrirá as súas portas o 18 de marzo cunha inauguración que durará de 16.30 a 18.00 no propio ximnasio e que incluirá exhibicións das actividades que se van realizar.
Nas instalacións poderase realizar BodyJump, Pilates, Spinning, Cardio-Dance ou CrossTrainning.

Fonte

  • Concello de Mazaricos.

Comentarios