Visita da Xunta a unha granxa de Santa Comba
Recibía esta mañá a alcaldesa de Santa Comba, María Pose, ao delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, na explotación agraria Gandería Serpe SC, dedicada a produción láctea. Unha das granxas que recibiu dúas axudas da consellería de Medio Rural a través da Orde de subvencións para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas e para a incorporación de agricultores mozos. Axudas que fan posibles historias como as de Marcos e Silvia, que volveron a Mazaricos para ensinarlle a súa filla o que significa vivir no rural.
En concreto, esta explotación láctea acadou unha axuda para a cubrición da fosa de xurro, a instalación de novos silos e para construción dun cortello completo con capacidade para 65 vacas produtoras, que inclúe aloxamento gandeiro, zona de espera, leitería, oficina e aseo. Ademais, a granxa tamén recibiu unha segunda axuda para a incorporación como socio dun agricultor mozo.
Como esta, as explotacións de Santa Comba e Mazaricos, foron das que máis axudas recibiron do territorio:
Por comarcas, esta liña de subvencións tivo a seguinte distribución: