Domingo. 13.10.2024
El tiempo

As explotacións gandeiras de Santa Comba e Mazaricos, as meirandes beneficiarias das axudas da Xunta

As explotacións gandeiras de Santa Comba e Mazaricos, as meirandes beneficiarias das axudas da Xunta
Visita da Xunta a unha granxa de Santa Comba Recibía esta mañá a alcaldesa de Santa Comba, María Pose, ao delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, na explotación agraria Gandería Serpe SC, dedicada a produción láctea. Unha das granxas que recibiu dúas axudas da consellería de Medio Rural a través da Orde de subvencións para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas e para a incorporación de agricultores mozos. Axudas que fan posibles historias como as de Marcos e Silvia, que volveron a Mazaricos para ensinarlle a súa filla o que significa vivir no rural. En concreto, esta explotación láctea acadou unha axuda para a cubrición da fosa de xurro, a instalación de novos silos e para construción dun cortello completo con capacidade para 65 vacas produtoras, que inclúe aloxamento gandeiro, zona de espera, leitería, oficina e aseo. Ademais, a granxa tamén recibiu unha segunda axuda para a incorporación como socio dun agricultor mozo. Como esta, as explotacións de Santa Comba e Mazaricos, foron das que máis axudas recibiron do territorio:

Por comarcas, esta liña de subvencións tivo a seguinte distribución:

1.- Agricultores mozos

AGRICULTORES MOZOS

COMARCA

NÚM. EXPED.

AXUDA TOTAL

BERGANTIÑOS

3

             80.000,00   

TERRA DE SONEIRA

1

             20.000,00   

XALLAS

11

           237.500,00   

PROVINCIA

112

  3.100.000,00   

2.- Plans de Mellora

PLANS DE MELLORA

COMARCA

NÚM. EXPED.

AXUDA TOTAL

BERGANTIÑOS

12

           210.275,78   

FISTERRA

3

             55.650,00   

TERRA DE SONEIRA

3

           171.963,22   

XALLAS

16

           898.871,26   

PROVINCIA

182

  8.920.488,80   

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/unha-abarrotada-poxa-de-xovencas-e-a-degustacion-dun-tenreiro-frison-completan-unha-gran-semana-do-leite-en-santa-comba/ https://quepasanacosta.gal/a-semanagandeira-de-mazaricos-e-a-gran-referencia-na-provincia-e-unha-das-duas-mais-importantes-de-galicia/ https://quepasanacosta.gal/voltamos-a-mazaricos-para-que-a-nosa-filla-saiba-o-que-e-vivir-aqui/

Comentarios