Falece un motorista nas Paxareiras logo de bater contra un cabalo

Imaxe da TVG Unha moto atropelou a un animal cando circulaba pola estrada que une Santa Comba con Muros. Como consecuencia do golpe, o condutor da moto faleceu. O accidente produciuse ás 17:20 horas de hoxe, concretamente no lugar de Paxareiras, dentro do termo municipal de Mazaricos. Unha persoa particular chamou ao 112 para informar do suceso. Indicou que o motorista atropelara a un animal e solicitou asistencia médica urxente. O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia avisou aos profesionais de Urxencias Médicas, que enviaron á zona un equipo a bordo do helicóptero con base en Santiago de Compostela. Nada puideron facer por salvar a vida do motorista. Ademais, ao lugar do accidente acudiron aos membros do GES de Muros e os axentes da Garda Civil de Tráfico. Os xestores do 112 tamén informaron aos Bombeiros de Santa Comba.