Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Falece un motorista nas Paxareiras logo de bater contra un cabalo

Falece un motorista nas Paxareiras logo de bater contra un cabalo
Imaxe da TVG Imaxe da TVG Unha moto atropelou a un animal cando circulaba pola estrada que une Santa Comba con Muros. Como consecuencia do golpe, o condutor da moto faleceu. O accidente produciuse ás 17:20 horas de hoxe, concretamente no lugar de Paxareiras, dentro do termo municipal de Mazaricos. Unha persoa particular chamou ao 112 para informar do suceso. Indicou que o motorista atropelara a un animal e solicitou asistencia médica urxente. O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia avisou aos profesionais de Urxencias Médicas, que enviaron á zona un equipo a bordo do helicóptero con base en Santiago de Compostela. Nada puideron facer por salvar a vida do motorista. Ademais, ao lugar do accidente acudiron aos membros do GES de Muros e os axentes da Garda Civil de Tráfico. Os xestores do 112 tamén informaron aos Bombeiros de Santa Comba.

Comentarios