Mazaricos acolle un Curso de Monitor de Tempo Libre

Xa está aberto o prazo para inscribirse no Curso de Monitor de Tempo Libre que se impartirá no Concello de Mazaricos,. Un curso subvencionado polo Concello (custa 180€) da man de ETL Recursos, Escola de Tempo libre. Incluirá o curso de primeiros auxilios, o de Manipulador de alimentos e as prácticas.

O curso que comezará o 1 de decembro e durará ata o 3 de marzo, durante os sábados e domingos de 9:00h a 14:00h e de 15:30h a 20:30h.

Máis información e inscrición

Se alguén quere máis informacion pode poñerse en contacto co Concello de Mazaricos, ou en etl@recursosgalicia.es ou no 981 55 83 74.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).