Sábado. 28.11.2020
El tiempo

As Xornadas Micolóxicas da Costa comezan en Vimianzo

As Xornadas Micolóxicas da Costa comezan en Vimianzo

Chegou o outono e con el, os cogumelos. Xa esta fin de semana abríamos coa nova columna micolóxica do mestre Marcote, desta volta sobre os champiñóns. E esta semana xa damos paso ás novas propostas que se nos ofrecen pola zona para disfrutar do bosque e dos cogumelos.

Por Vimianzo, os os Castros dan paso aos cogumelos, e xa propoñen xa as II Xornadas Micolóxicas, con grandes especialistas, mentres algún establecimento aproveita o tirón "fungi" para ofrecer interesantes saídas.

II Xornadas Micolóxicas de Vimianzo

II Xornadas MIcoloxicas de Vimianzo 2012
  • Sábado 27 de outubro.
    - De 9:00 - 13:30: Saída ao campo para a recollida e clasificación de exemplares co micólogo Manuel Pose Carracedo.
  • Domingo 28 de outubro:
    - 9:00 - 13:00 Saída ao campo para a recollida e clasificación de exemplares co micólogo Manuel Pose Carracedo.
    - 14:00 Degustación dos Cogomelos recollidos, en Casa Sabina (Vimianzo).

Máis información e inscrición

Fins de semana micolóxicos

É o Hotel Monte Branco o que primeiro organiza as xornadas micolóxicas: Cogomelos de Costa da Morte, impartidas por Jose María Traba e Jose Manuel Castro Marcote, autores do libro "Cogomelos de Galicia".

As fins de semana do 9 ao 11 de novembro e o 16 ao 18 poderase asistir a unha fin de semana completa con curso de micoloxía, e comida campestre e cea a base dos produtos escollidos.

Novas relacionadas

Máis novas micolóxicas

Outras novas

Fonte

comentarios