Mazaricos enlaza un concurso de fotografía con outro

As Néboas da Ruña, de Francisco Santiago López, formarán parte do Calendario MZ 2023

Non queda nada para Semana Gandeira e mentres ten en marcha un par de concursos enfocados ao sector, vén de dar o resultado do Certame de Fotografía realizado para crear o Calendario MZ 2023.

Patrimonio natural, histórico, tradicional forman parte desta fermosa escola de imaxes, e aquí vos deixamos algunha:

Ra común na chaira da Ruña - Javier Carballo Trillo
Monte Pindo - Martiño Alvite París
Vilar de Corzón - Bárbara Torrado Romero

Dous concursos de Fotografía e gastronomía

Esta edición conta con dúas importantes novidades, como son senllos concursos dirixidos a toda a veciñanza. O primeiro deles é un Concurso de Fotografía por Whatsapp sobre a temática A gandería de Mazaricos. As fotografías deben enviarse ao 696 330 966 antes do 28 de novembro. As persoas participantes poderán gañar ata tres ceas (para 6, 4 e 2 persoas respectivamente) na hostalaría local, ademais dunha cuarta para a fotografía máis votada en Facebook. A entrega de premios terá lugar o sábado 3 de decembro ás 16h no Recinto Feiral da Picota.

Novas relacionadas