Mazaricos pon a conta atrás para a XIV Festa Africana

Imaxe dunha das Festas Africanas de Egueire en Mazaricos-Foto-VH

Volverá convertirse Mazaricos na capital afrogalega, coa organización da XIV Festa Africana. A ONG Egueire escolle de novo o pavillón da Picota para levar a cabo esta xornada festiva e de sensibilización, coa necesidade de axudar ao pobo de Costa de Marfil.

A cita solidaria será o sábado 6 de xullo a partir das 12:00h.