Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Gran acollida á Festa Africana de Egueire en Mazaricos

Gran acollida á Festa Africana de Egueire en Mazaricos
IX Festa Africana de Egueire en Mazaricos-Foto-Juan Rojas 54 IX Festa Africana de Egueire en Mazaricos-Foto-Juan Rojas

Arredor 200 persoas disfrutaron e coñeceron un pouco máis dese marabilloso mundo que é África, na IX Festa Africana de Egueire. Con Costa de Marfil no punto de mira, a ONG celebrou en Mazaricos a súa fermosa festa cultural.

En palabras do propio párroco Desire. "Estou moi satisfeito pola gran acollida que tivo outro ano máis a Festa Africana”, nunha cita que superou as expectativas da propia entidade.

IX Festa Africana de Egueire en Mazaricos-Foto-Juan Rojas 2 IX Festa Africana de Egueire en Mazaricos-Foto-Juan Rojas IX Festa Africana de Egueire en Mazaricos-Foto-Juan Rojas IX Festa Africana de Egueire en Mazaricos-Foto-Juan Rojas

O inicio viu marcado polo mercadillo solidario e unha pequena exposición de arte africano. Os primeiros asistentes tamen asistiron a actuación duns grupos locais e a degustación duns doces africanos. Como todos os anos presentaronse os proxectos da ONG, falouse da maternidade e da nova idea da piscifactoria, correndo a cargo a presentación do Secretario da ONG Xosé Manuel Pensado.

Despois de xantar, xa na sobremesa o ritmo africano marcouno o grupo senegalés Galiafro Manding Percusión, que soou así de ben:

https://www.facebook.com/100006262150315/videos/1925936390958414/  

Dende Egueire queren agradecer a colaboración de todos que fan posibles os proxectos a entidade ten en marcha en Costa de Marfil, como son o novo proxecto da piscifactoría, a maternidade, ou o proceso de formación agraria de dous mozos marfileños na bisbarra.

A seguinte cita será en decembro, cando esperan inaugurar Maternidade, completando así o soño de que o primeiro pequeno que naza se chame Egueire. Acto que narcara o inicio das celebracións do 10º aniversario da ONG.

A entidade anuncia ademais que para o ano vai intentar que volva o coro africano Saint Luc de Banabakintu que tan boa acollida tivo o pasado ano, polo que esperan que teña una boa acollida por parte das asociacións, comisións de festas e os concellos da zona como en anteriores edicións na que o grupo desempeñou varias actuacións sendo cada unha delas única e diferente, dado que o coro prepara estas actuacións durante todo o ano.

Novas relacionadas

 

Fonte

Comentarios