Mazaricos porase no panorama electrónico europeo co Fermaz Festival

Nace con vocación de converterse no referente electrónico do Noroeste peninsular no verán de 2014. Aí é nada. o Fermaz Festival fará de Antes, Mazaricos, a capital electrónica de Galicia os vindeiros días 5 e 6 de setembro de 2014, con 40 horas de son ininterrumpido con sesións de música techno, house e progressive /transo.

Fermaz Festival colle o relevo do Beach Party Carnota na Axenda Sonora da Costa da Morte. Serán máis de 60 artistas os que subirán aos dous escenarios do festival, que intentarán asentar a Antes como unha das cinco citas claves do verán no Norte peninsular, sumándose ao póker conformado polos festivales de Monegros Dessert, Aquasella, Freelive e o Neopop luso.

Como nace Fermaz

Fermaz responde á fusión de Mazaricos e Fervenza, un inmenso embalse que durante os meses de verán permanece seco para acoller a famosa "Festa da Fervenza". As dimensións anticipan a celebración dun festival inédito en Galicia, con máis de 700.000 metros cadrados de recinto. O espazo supón unha vasta llanura no medio do irregular relevo da comunidade galega, asentándose a uns escasos 500 metros da próxima localidade de Antes e rodeado polo río Xallas, cuxa importancia dá nome á comarca na que se atopa Mazaricos.

A explanada estará dividida en tres zonas para o acomodo dos asistentes: a zona noite e o escenario principal, cunha superficie superior aos 10.000 metros cadrados; unha zona de día de similar tamaño para as sesións musicais diurnas, carpas, merenderos e postos de comida e bebida; e, un camping de 70 hectáreas con capacidade para tendas de campaña e vehículos.

Fermaz en cifras

Estes días precisamente a organización estaba concretando algunha bomba en forma de nome pero agora teremos que conformarnos cas cifras. Fermaz espera acoller a unhas 10.000 persoas durante a súa primeira edición en vista de a importante demanda de música electrónica xerada na zona durante os últimos anos.

O prezo das entradas para o festival será, durante os tres primeiros meses de 2014, de 35 euros máis 15 euros opcionales de camping por vehículo. A partir de marzo, a cantidade aumentará en 5 euros ata os 65 euros para os meses de agosto e setembro. As entradas supoñen un pack para todo o fin de semana, polo que serán indivisibles.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).