Mazaricos sofre o segundo incendio da corentena

Incendio en Mazaricos

Se a comezos de semana ardía o monte de Santa Comba, esta noite de sábado tocoulle ao veciño concello de Mazaricos. Acontecía pasadas as 22:00h da noite en Cabanude, na zona do Alto do Castro.

A rápida intervención dos Bombeiros do Distrito V e Protección Civil, que acodiron con moitos medios, permitiu que, a pesar do forte vento, o lume fose apagado antes da 1:00h da madrugada. Foron arrasadas 4 hectáreas de toxeira, fundamentalmente.

Novas relacionadas