Mazaricos xa pensa no Bolo do Pote

Unha das festas gastronómicas máis sonadas da Costa da Morte ten lugar en Mazaricos. Os días 3 e 4 de marzo terá lugar a XIV Festa do Bolo do Pote. O domingo 4 haberá degustación, de balde, á unha da tarde no campo da feira de Picota. A partir das seis e media haberá verbena con orquestra.

Colabora con Concello a Asociación de Amas de Casa de Mazaricos e a Asociación de Veciños "Monte Picoto", que son os/as encargados/as da elaboracións dos bolos para a degustación.

Máis novas