O Exército dos Panos do Entruido de Mazaricos ten relevo xeracional

Relevo xeracional no Exército dos Panos do Entruido de Mazaricos

Van dous anos dende que o Concello e as forzas vivas de Mazarios decidíronse por recuperar o mítico Exército dos Panos do Entrudo de Mazaricos. E parece que o relevo xeración está case que garantido. Este pasado sábado,nenos e nenas dos coles mazaricáns recolleon a tradición e pasearon no desfile coas mellores galas, demostrando o poder social e histórico que teñen os coles e as asociacións para manter vivas as tradicións.

O trasvase xeracional deuse dun xeito moi especial. Unha delegación dos Entruideiros de Arcos, comandados polo Barreduiro e o Exército dos Panos, explicou aos nenos e nenas presentes os segredos do desfile. Partiron desde o recinto feiral e remataron no campo da feira, onde abriron a roda ao estilo do propio Exército. Todas e todos ían ataviados como os soldados e foi un grupo dos propios nenos os que levaron a cabo o ritual da danza no medio da roda. Esa é a función final do Exército dos Panos: facerlle sitios aos experimentados no baile.

Este traballo de transmisión da tradición foi posible grazas ás asociación do Concello e aos colexios, que na xornada previa ao desfile, fixeron os seus respectivos festivais con esta temática, con profesores, pais, nais e alumnado involucrado.

Ao volver ao recinto feiral os nenos e nenas puideron desfrutar dunha merenda e de inchables, mentres se sorteaban cestas de Entruido e unha Tablet. Pola noite a veciñanza que quixo achegouse á parroquia de San Cosme de Antes para degustar o cocido de Entruido. Durante o día todo o mundo puido achegarse aos locais hostaleiros ao Mazaricos É Tapas, a ruta de tapas do Entruido que a Asociación de Hostaleiros de Mazaricos fixo posible.

Máis entroido MZ

O martes ás 4 da tarde será a correduría popular de Entruido. A saída será do Colexio de San Cosme de Antes e pasará por San Cosme, Xunqueira, Pazos e Grille e rematará cunha merenda no colexio.

Novas relacionadas

   

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).