Os novos alcaldes de Mazaricos e Santa Comba moven ficha polo sector gandeiro

A primeira medida dos novos alcaldes de Mazaricos e Santa Comba, Juan José Blanco Riveiro e José Antonio Ucha Velo, ten relación directa co sector económico máis importante da terra do Xallas. Ambos mantiveron onte un encontro de traballo nas dependencias municipais da Picota para tratar a posible creación dunha Asociación de Gandeiros supramunicipal.

A colaboración entre concellos sería básica para levar adiante esta idea, coa intención de darlle disfusión comarcal e compartindo proxectos comúns.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).