Os novos alcaldes de Mazaricos e Santa Comba moven ficha polo sector gandeiro
08:16 17/06/15
A primeira medida dos novos alcaldes de Mazaricos e Santa Comba, Juan José Blanco Riveiro e José Antonio Ucha Velo, ten relación directa co sector económico máis importante da terra do Xallas. Ambos mantiveron onte un encontro de traballo nas dependencias municipais da Picota para tratar a posible creación dunha Asociación de Gandeiros supramunicipal.
A colaboración entre concellos sería básica para levar adiante esta idea, coa intención de darlle disfusión comarcal e compartindo proxectos comúns.
Novas relacionadas
- Un incendio en Vimianzo calcina parte dunha explotación gandeira.
- 11 alcaldes da Costa da Morte asinan manifesto de apoio aos produtores de leite.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).