Unha persoa tivo que ser liberada polos bombeiros tras un accidente triple en Mazaricos
21 de decembro de 2025 (22:05 h.)
Este domingo, arredor das 12:30h, un accidente entre tres vehículos no quilómetro 70 da AC-400, no termo municipal de Mazaricos, saldábase cunha persoa ferida. Despois de ser liberada polos bombeiros de Santa Comba, foi trasladada polr Urxencias Sanitarias de Galicia-061. O 112 ademais mobilizou á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mazaricos.