Persoas de todas as idades disfrutan das Escolas Deportivas de Verán de Mazaricos

Padel en Mazaricos

As Escolas Deportivas de Verán 2023 de Mazaricos arrincaron na mañá de hoxe, luns 3 de xullo. Preto de cen persoas participan nas mesmas. Este ano, a oferta deportiva inclúe natación, na piscina municipal, e pádel. As clases contan con grupos tanto de nenas e nenos como de persoas adultas.

Por outra banda, a piscina municipal abriu as súas portas para o baño libre o pasado sábado, 1 de xullo. Permanecerá aberta durante todo este mes e mais o de agosto. O horario de baño libre será de luns a domingo, de 16h a 20h. Os venres, sábados e domingos, ao non acoller aulas de natación, poderase utilizar tamén para o baño libre entre as 10h e as 14h.