Sancionan un pescador en Mazaricos con troitas demasiado pequenas

Unha Patrulla de Axentes Ambientais dependentes da Consellería de Medio Ambiente, denunciaba esta semana a un pescador que estaba en posesión de troitas que non respectaban a limitación de tamaño nin tampouco o cupo.

Acontecía no río Xendil, en Mazaricos, e os axentes procederon á denunciar ao pescador e incautar as pezas capturadas.