Sufocan un incendio nunha nave de alimentación de Mazaricos

Foto-Jorge

Esta pasada madrugada, pasadas as 5:00h, un veciño chamaba ao 112 por un incendio nunha nave industrial de alimentación Rebeiroa, Beba, Mazaricos.

Os Bombeiros de Santa Comba, os membros do GES de Muros e os voluntarios de Protección Civil traballaron arreo para sufocar o incendio, que acabou arrasndo a zona de afumados da nave e estendeuse, en parte, polo andar superior.