70 Carrilanas prepáranse para tomar Esteiro

A camiseta de Luis Davila das Carrilanas de Esteiro 2016 xa está na rúa Unha das citas máis esperadas do verán muradán xa está aquí. O paseo marítimo de Esteiro foi testemuña da presentación do vindeiro XXIX Gran Premio Carrilanas de Esteiro Marqués de Vizhoja 2016, que terán lugar este fin de semana, o  16 e 17 de xullo. No acto, o gran protagonista foi o presidente da Asociación Deportiva e Cultural Esteirana de Carrilanas, Ramiro García, “O Gerente”, membro fundador da ADC Esteirana de Carrilanas e recentemente homenaxeado en Trasouteiro, ademais dos representantes da empresa patrocinadora Bodegas Marqués de Vizhoja. Todos ensalzaron a labora da entidade organizadora para armar este “evento referente dun ocio saudable, entrañable e respetuoso que acada, ano tras ano, non só máis notoriedade senón tamén máis apoios, proba evidente do bo facer que dende a organización se está a desenvolver”.
Imaxe da Baixada do ano pasado
A Carrilanas dos Patrocinadores tamen competira Serán 70 as carrilanas que percorran a famosa baixada para deleite dos centos de persoas que ateigan as beirarrúas. Ademais, exposición, verbenas e moito máis. No punto de mira desta XXIX edición segue a estar a consecución da designación do Gran Premio Carrilanas de Esteiro Marqués de Vizhoja como Festa de Interese Turístico Nacional; “Sabemos que non é doado, que son moitas as restricións da regulación, pero tamén é certo que nunca estivemos tan preto, é cuestión de meses que por fin poidamos celebrar que Esteiro xa teña unha festa de interese turístico nacional.”, aseverou David Fernández.  

Programa completo

VENRES 15 DE XULLO
-20H adestramentos oficiais libres SÁBADO 16 DE XULLO -De 12 a 15 h exposición de carrilanas obligatoria na Alameda. Reparto de dorsais e control de firmas. -Sesión Vermut (haberá pulpeira) -De 15h a 17h subida de carrilanas a cargo da organización.Saída da Alameda. -17h peche ao tráfico para todos os vehículos. -19:00h Pole Position. (Baixada cronometrada de Carrilanas ata a “Calle do Sol”. -23h FESTA DAS CARRILANAS Coa actuación do Grupo Folk Melidaos, Pablo Balseiro y Los Cascarillas, Monoulios Dop DOMINGO 17 DE XULLO -13h exposición obrigatoria de carrilanas na Alameda. Sesión vermú con orquestra. -Actuación durante todo o día da charangas Santiaguiño e Compostela -19:00h saída das carrilanas de rapaces. -19:30h saída das carrilanas lentas. -20:00h saída das carrilanas rápidas. -Ao remate entrega de trofeos e degustación de productos da terra e do mar, regados con viño Marqués de Vizhoja, na Alameda. -A continuación VERBENA CON ORQUESTRA na honra a Santa Mariña. LUNS 18 DE XULLO -Dianas e alboradas con XEITURA, AGROCOVO E OS BREAS. -Pola noite VERBENA CON DÚAS ORQUESTRAS na honra a Santa Mariña. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)