Luns. 18.11.2019
El tiempo

As Carrilanas de Esteiro xa teñen Denominación de Orixe

As Carrilanas de Esteiro xa teñen Denominación de Orixe
Foto de familia das Carrilanas Esteiro e Marques de Vizhoja

Sempre é un logro atopar patrocinadores, e se son deste nivel moito mellor. Onte tivo lugar en Arbo, a presentación da XXVI edición do Gran Prix de Carrilanas de Esteiro que terán lugar na fin de semana do 20 e 21 de xullo. E o motivo da presentación en Arbo é debido a que a Adega Marqués de Vizhoja, ubicadas nesta localidade pontevedresa, será o patrocinador oficial das Carrilanas de Esteiro para os vindeiros tres anos.

Antes da presentación tuvo lugar a firma do convenio coa presencia no acto da actriz e presentadora Paula Vázquez, que desde o 2005 e ata o 2015, é a imaxe da adega e de todos os seus productos. En representación da Organización das Carrilanas de Esteiro estuvo o seu presidente David Fernánde Lado, acompañado de Gerente, Casurras e outros membros da Organización.

Canto disfrutou Paula Vázquez montando co Gerente na súa xoia...

Paula Vazquez e o Gerente na sua xoia de carrilana Baixada de Carrilanas Esteiro 2013

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios